O SONORO MAXÍN, AS TORTILLAS E A MÚSICA DE VERBENA PROTAGONIZARÁN O SAN CAETANO DESTE ANO
Comezará o venres e continuará o sábado cun completo programa con
diversas actividades e moita festa apto para nenos, mozos e maiores
A XIII edición do Concurso de Tortillas premiará a merenda máis
numerosa e as tortillas con mellor sabor, a mellor presentada,
a máis innovadora e a máis grande
Celeiro de Mariñaos prepárase para festexar o San Caetano 2008 con actividades de todo tipo e moita música. O programa, que foi presentado hoxe, inclúe xogos, contacontos, música galega e moita verbena para dous días de festa que conservan o sabor das romarías tradicionais.
A festa arrincará o venres
No segundo día, o sábado 16, as protagonistas serán as merendas. É o día no que familias e grupos de amigos se xuntan para ir comer ao monte. As merendas colócanse no entorno da Capela de San Caetano dende primeira hora da mañá e a festa dura ata ben entrada a noite. Aproveitando as merendas, terá lugar a XIII edición do Concurso de Tortillas. Este ano haberá premios á de mellor sabor, á máis innovadora, á mellor presentada e á mais grande. Coma todos os anos a comisión elaborará unha tortilla xigante, que non entra a concurso, de máis dun metro de diámetro e
A música poñerana no segundo día a agrupación folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, e os grupos Agua Marina de Viveiro e Dúo Fantasía da Coruña. Pola tarde haberá xogos tradicionais para menos e maiores e a actuación do contacontos Manolo Panforreteiro co seu espectáculo Cuncantonunpé para os máis pequechos. Pola noite, pecharáse o San Caetano deste ano con verbena, baile do farolillo e unha grande chocolatada.
NOVOS FOLGOS A TRAVÉS DUNHA ASOCIACIÓN CREADA RECENTEMENTE
Esta romaría, que levaba 7 anos sen se celebrar, rexurdiu o ano pasado con novos folgos nesta parroquia do Concello de Barreiros. Este ano os organizadores agardan unha importante afluencia de xente nunha das citas do verán na comarca da Mariña que está a consolidar o seu carácter festeiro e innovador.
O San Caetano 2008 vén ademais precedido pola creación dunha asociación veciñal e cultural, a Irmandade San Caetano, que pretende pular pola recuperación dun entorno que estivo nos últimos anos envolto nun longo litixio xudicial.






0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home