Elektra.
Moitas son xa as novas publicadas en distintos medios acerca desta película, polo que seguramente non vos contaría nada novo se me limitase a falar de inminente estrea.En canto a críticas, hai para todos, ainda que a tendencia xeral é a considerala "pouco menos que do montón". Pola miña parte non me vou a pronunciar xa que, debo admitilo, non profundicei demasiado no argumento da película. Pero si advertín certas curiosidades que me chamaron a atención e que son case suficientes para decidirme a vela.
Por un lado, a personaxe de Elektra foi creada por Frank Miller para incluilo no fio argumental da banda deseñada de DareDevil.
[ Miller tamén é o creador de Sin City (ver posts anteriores: aqui e aqui. ]
Recentemente, como todos saberedes, esta personaxe foi incluida na adaptación cinematográfica da mesma: [DareDevil (2003)].
De xeito parecido ó que ocorreu con Catwoman (2004), que viña sendo unha especie de Spin Off de Batman Returns (1992) (se non consideramos a distancia no tempo e o cambio de protagonista, entre outras cousas), ahora é Elektra a que consigue a súa propia película.
En este caso a personaxe si é interpretada pola mesma actriz, Jennifer Garner, que aproveitou o seu descanso de verán da rodaxe da serie Alias, para "enfundarse" a súa disfrace de Elektra.
[Algun poster:]
![]() | ![]() | ![]() |
[Algun trailer e + info]
Por certo, parece que os "Full Blown Rose" participan cun tema na banda sonora da película: "In the light". [ Full Blown Rose son os creadores do tema principal da serie Tru Calling ]








0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home