A primeira patada no cu da SGAE...
... foi propinada por un xulgado galego.Concretamente o Xulgado de Primeira Instancia Nº 4 de Vigo, que rexeitou a demanda interposta pola entidade-sen-animo-de-lucro (lease SGAE) contra a comisión de festas de Liñares (parroquia de San Miguel de Oia).
A sentencia recolle que os veciños que compoñen dita comisión, EN NINGÚN CASO, deben responder co seu propio patrimonio á reclamación da SGAE (2144 €, en concepto de dereitos de autor). Ademais, o xulgado considera que a citada entidade non deberia reclamar dereitos de autor á comisión de festas cando, segundo dí, estes xa foron abonados polas propias orquestras.
Como era de esperar, a sentencia non sentou moi ben nas filas da SGAE. O seu representante en Galicia, Javier Vidal, asegura que a sentencia será recurrida, que os argumentos da sentencia son inconsistentes, que é falso que a comisión de festas non teña ánimo de lucro e que as orquestras non lles pagan dereitos de autor.
¿Será este o principio das boas novas?
¿Será o 2005 o ano no que a "vontade dos pobo" sexa oida (cando menos en este tema)?
[Noticia da Voz de Galicia]
Aqui e aqui tedes novas relacionadas.





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home