viernes, diciembre 30, 2005

Entrevista con Nacho: "Volvería facelo"


[24/11/2005 13:11] Cando Nacho (Foz, 1967) era un dos mellores laterais esquerdos do fútbol español, a maior expresión confederal de descontento na selección do Estado traducíase no comportamento visual do medio catalanista Guardiola, que mastigaba chicle mentres sonaba o hino de España. Entón Nacho (na foto con Santiago Domínguez Olveira), desde a SD Compostela -a mellor que houbo-, periclitou a Iríbar e Arconada e dixo que o seu gran anceio nesta vida -a nivel deportivo- era xogar na selección galega de fútbol.


Vieiros: Vostede é o primeiro icono deportivo da selección galega de fútbol. Que lle parece a día de hoxe a selección recén conquistada? Nacho:Alégrome bastante. Hai catro anos parecía algo imposible, dun reducto da poboación. O cambio de Goberno supuxo que se poida levar ó cabo, o cal é magnífico para a xente nova que comeza agora. A min gustaríame que sexa unha cousa seria e non folclórica. Particularmente, a min dixéronme que haberá un partido de veteráns para xogadores que levamos un tempo retirados, anque se podo xogar uns minutos no outro, pois algo se poderá facer.

En 1995, o entón seleccionador español, Javier Clemente, fala de vostede coma un posíbel candidato ó lateral esquerdo da selección española. A TVG pregúntalle que se sente e vostede responde "a min non me interesa a selección española". Que pasou entón?
As miñas declaracións son anteriores a que Clemente dixera que podía ser convocado; eu comentaba daquela que a miña ambición persoal sería xogar coa selección galega. Preguntáronme logo se me interesaba xogar na selección española e eu dixen que a miña ilusión era xogar coa galega. O da selección española díxeno naquel contexto. Tiven ataques de toda a prensa deportiva e asubiábanme nos campos. Noutra entrevista que me fixeron os do programa deportivo El Larguero estaba xa ata os collóns. Sentinme só daquela.

Considérase unha vítima dos medios de comunicación de masas? Non lle faltou un pouco de malicia?
Eu considérome vítima da democracia así, entre comiñas. Este país é moi dado a falar de democracia, e cando alguén manifesta unha opción persoal totalmente pacífica, como fixen eu, é atacado coa arma que se emprega agora, os medios de comunicación. Desprestixióuseme persoal e profesionalmente.

Volvería dicir o mesmo nas mesmas circunstancias?
Evidentemente que o volvería a dicir. Síntome alegre e feliz coas cousas que fago. A miña postura foi a correcta. Agora houbo un cambio de goberno e todo mudou. Xente que non estaba a prol daquilo, e que non alzou a voz, agora apúntase ao carro.

Sentiuse apoiado entón polo nacionalismo galego?
Eu sentinme só, non falo de partidos. Sentinme só naquela loita reivindicando o que é o noso. Agora síntome un pouco sorprendido ao ver o apoio que recibe a creación dunha selección galega. Hai anos, cando comezou todo, eu non os vía, non os sentín ao meu lado. Tiven o apoio da miña xente, pero aquilo era unha opción miña, non condicionada por ningún partido político. Eu nunca militei en ningún porque hai moitos condicionantes, e hai ideas persoais ás que non estou disposto a renunciar. Teño amigos que fan política e tamén lles pasa. A política ten que gustar moito se se quere facer, é un enfrontamento diario. Daquela eu actuei dacordo cos meus pensamentos sobre o país. Cando se atacou incluso á miña persoa, tería necesitado que se me defendese máis do que se me defendeu. Pero fixen algo que cría no seu momento, e volvería facelo.

Na tempada 95/96 foi elixido mellor lateral esquerdo da Liga española, por tras unicamente do barcelonista Sergi. Ata que punto considera condicionada a súa carreira deportiva por un posicionamento político?
Tería moito que falar diso. A miña carreira deportiva acabou quizais non como debera, pero foi unha carreira normal de futbolista. Xoguei o que puiden, manquei o tendón de Aquiles, resultou ser dexenerativo e tiven que retirarme. No Compos pasei os meus mellores anos deportivos, pero a actuación de Caneda acabouno destruíndo. Unha dirección tan mal plantexada acaba sempre en fracaso. O que é certo é que moita prensa deportiva non se portou ben comigo polo meu posicionamento político. Iso é evidente.

Que opina do nivel de compromiso dos seleccionábeis galegos para coa selección do país?
Quizais á xente que estea xogando na primeira división lle dea un pouco a risa, pero este é un proceso longo. Ao principio chocará, pero co tempo, se as cousas se fan ben, poderáse conseguir que a xente que acuda o faga con moita ilusión. Non digo que os xogadores galegos non a teñan, pero aínda non chegaron os tempos de plantexar o tema neses términos.

13 Comentarios:

En 12/30/2005 1:09 p. m., Blogger marce dixo...

E non seria mellor ter deixado o enlace á entrevista, no cando de pór aqui todo o rollo?
Home, digo eu. Ben sei que non son o mais indicado para protestar nisto das super-hiper-mega-giga-tera-peta-exa-zetta-iotta-parrafadas, pero unha cópia literal e integra fai-se-me excesivo.
E por riba de fútebol, caralho, seica pensas que a todos nos gosta o fútebol?, pois nom, aburre-me, aborrezo-o, ja me chega com aturá-lo na televisiom para té-lo que tragas nos blogs

 
En 12/30/2005 9:58 p. m., Blogger foz dixo...

A verdade é, ianpaice, que despois da que se armou fai algunhas semanas coa entrada de facha sobre google, pareceme ilóxico que cometas ti un erro parecido.

O seu sería que, como di o amigo marce, incluises simplemente un enlace ó texto orixinal e te limitases a reproducir e comentar aqueles fragmentos que fosen máis relevantes para ti.

En canto ó das parrafadas... eu non teño ningún problema coas entradas extensas.

 
En 12/30/2005 10:07 p. m., Blogger foz dixo...

Con respecto ó comentario de marce...:

Só recordarche que aqui [FozLibre] ten cabida calquer tema.

 
En 1/02/2006 12:39 p. m., Blogger Barri dixo...

Amigo marce, a outros interésanos o fútbol máis que como fixeche o teu primeiro parche,e non por eso me adico a criticar entradas. O amigo ianpace adiantouseme co da selección postpartido, porque en breve colgarei un "breve" documento gráfico do partido da selección galega. Dígoo con antelación por se alguén ten que tomar unha valeriana,:), (é o que ten que os bytes sexan gratuitos).
Saudos

 
En 1/02/2006 5:49 p. m., Blogger foz dixo...

Bueno, bueno...

Que non se alborote o galiñeiro!

Que últimamente estades á que salta!

Ninguén se meteu coas aficións de ninguén e espero que continue así a cousa.

Polo que eu entendo, marce simplemente fixo un comentario ó respecto dunha regla de etiqueta incumplida [que os que seguides a bitácora recordaredes que tivo que aplicarselle a outra entrada non fai tanto tempo]. O feito de que o tema da entrada fose o fútbol é secundario [non guiémos o fio en esa dirección].

 
En 1/02/2006 8:51 p. m., Blogger Telele dixo...

Andina denuncia la utilización partidista del encuentro de la selección gallega
31/12/2005 | A Mariña



El portavoz del Partido Popular de Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, en declaraciones a Onda Cero A Mariña criticó el a su entender uso PARTIDISTA que se hizo del encuentro disputado por la selección gallega de fútbol. Andina se refirió al Concello de Ribadeo, que adquirió cien entradas que regaló, poniendo además a disposición de los aficionados transporte gratuito.
«Voy a decir una frase con lo que creo que todo el mundo va a entender lo que se hizo: ¿A alguien le suenan las manifestaciones en la Plaza de Oriente en Madrid? Pues ésto es similar, pero en fútbol, y ahora además respaldado por los partidos democráticos», señaló Andina.
«Que llenen los campos de fútbol con gente a la que le apetezca ir al fútbol -concluyó- y que juegue la selección gallega cuando haya una demanda social. Pero que no llenen los campos con gente que llevan desde los ayuntamientos gobernados por el PSOE y el BNG».

 
En 1/02/2006 8:59 p. m., Blogger Telele dixo...

Este te va a encantar Iampace.

Los socialistas rechazan una moción sobre la selección gallega y acusan al BNG de politizarla
20/12/2005 |


El PSOE rechazó ayer una moción del BNG en la que se reclamaba un debate de urgencia para pactar el apoyo del Ayuntamiento a la selección gallega de fútbol, con el flete de cinco autobuses para transportar a los aficionados al partido que el combinado de la comunidad disputará contra Uruguay.
En su moción, que fue respaldada por los concejales del Partido Popular, los nacionalistas pedían solicitar a la Xunta 250 entradas gratuitas para el encuentro, que se repartirían entre los aficionados que ocuparían luego esos autobuses.
Al término de la sesión plenaria, el edil de Deportes, Esteban Lareo, aseguró que «hemos votado en contra porque este asunto se está politizando, y es algo que no queremos. Si la Federación (Gallega de Fútbol) nos solicita su apoyo para el encuentro, lo tendrá».

POLITIZANDO EL FÚTBOL SÓLO CONSEGUIREIS QUE DESAPAREZCA.
(De las 700 entradas de Galiza Nova , ya mejor no hablar)

 
En 1/03/2006 12:01 a. m., Blogger foz dixo...

Pero imos ver unha cousa!!!

TAN DIFICIL É INCLUIR UN ENLACE ÁS FONTES USADAS??!!!!!


Ou é que o que digo tomadelo a pitorreo!?!

Ó señor facha xa é, con esta, a segunda vez que se avisa [e conto os 2 comentarios como un só]... non me gustaría que houbese unha terceira!!!

Aqui deixo os enlaces [que deberia ter incluido o autor dos comentarios]:

Primeiro comentario.

Andina denuncia la utilización partidista del encuentro de la selección gallega.

[La Voz de Galicia | Edición de A Mariña 31-12-2005]


Segundo comentario.

El ejecutivo rechaza una moción de apoyo a la selección gallega y acusa al Bloque de politizarla.

[La Voz de Galicia | Edición de A Coruña 20-12-2005]

 
En 1/03/2006 9:33 a. m., Blogger Barri dixo...

Vaia home, mira a quen me vai a poñer de exemplo de algo, ó señor Andina. Paréceme ben que quixeran conseguir entradas, pero que o fagan cando quedan e non cando ven que teñen que ir porque hai un apoio masivo da selección. Eu non me caso con ningún partido político, pero parece que hai un certo "resquemor" porque o PP durante 16 anos tivo a oportunidade de de revivi-la selección galega e nin o intentou e agora como a iniciativa tivo un éxito rotundo intenta subirse ó carro de mala maneira con un "non nos deixaron participar". Eu son de Barreiros, Gobernado polo PP dende hai moitos anos, e conseguiron sesenta entradas e un autobús, eso sí, molestáronse en conseguilas un mes antes do partido. Pero home tranquilos, que vai haber mais partidos, e espero que o seguinte contra siuza.
Saudos

 
En 1/04/2006 5:03 p. m., Blogger marce dixo...

Amigo Barry,

No momento em que soltei o meu parche, este era o único blog (fora do de /.), de que dispunha.

E o do fútebol, pois suponho que vos gostará à maioria mais do que o parche, pero non por iso deixarei de protestar pola invasión de este deporte(?).

 
En 1/04/2006 7:21 p. m., Blogger Barri dixo...

Marce, non teño nada en contra de ninguna entrada que se poda facer (porque non son quen para te-lo) e ademási porque ó meu entender unha das virtudes deste blogg é a variedade dos temas que se tratan e en moitos casos a calidade de ditas entradas (inccluida a do teu primeiro parche). Dito est dicirche que o futbol non invade nada cando é seguido por mais da metade dos españois. Serva este comentario para que sexa o nº 11 e pase a entrada de ianpace por se-la mais comentada do 2005,:-).
Saudos

 
En 1/04/2006 10:41 p. m., Blogger foz dixo...

Pois mira, eu prefiro calquer comentario sobre tecnoloxía que ler algo sobre fútbol, non me gusta o fútbol, e non me importa recoñecelo. E agrádame saber que entre os colaboradores "activos" hai alguén tan involucrado nun proxecto de software libre. Pero tamén me agrada que haxa outros colaboradores "tamén activos" que se involucran igual en outros temas totalmente distintos e que teñen a amabilidade de compartilos con todos nós. Diso se trataba en un principio, e iso é o que por fín estamos conseguindo.

Esta bitácora é colaborativa, e non me pasei tantos meses sendo o tipo máis pesado da blogosfera, tentando "captarvos" [:D] para que ahora se decida sobre que temas se poden tratar e sobre cales non.

Durante moito houbo máis colaboradores que entradas por mes, pero, afortunadamente, ano e medio despois da súa inauguración, esto xa se empeza a parecer a unha "bitácora colaborativa" [Tal como reza a descripción.]

Así que me sumo á felicitación de Barry ... [Por certo, G..., digo Barry, ... "bitacora" ou "blog" :D ] por acadar tal nivel de participación no mesmo fío.
Ogallá que durante o 2006 haxa varios así.

 
En 1/06/2006 4:19 p. m., Blogger ianpaice dixo...

Ostia, vaia unha montei sin propoñermo. Nada, nada, a partir de ahora cumprerei a etiqueta.
E por certo, eu puxen a entrevista a Nacho, que é de Foz.
Que xunto con Pepito Rivera e Luisa Castro son persoaxes máis coñecidos de Foz, non?
Bueno logo. Que vos cunda....XDDD

 

Publicar un comentario

<< Home