jueves, febrero 16, 2006

MÉTRICA LIBRE,
MÉTRICA NEGRA



Fai anos coñecín a Suso,
e fai horas coñecín a Peña,
se iso realmente é posible.

(Vou de negro)

Dubídoo,
dubídoo,

(e pregúntaste por que)

do xeito que só está
ao alcance dos tocados pola divindade
descifrar os máis agochados segredos,
sei que nunca chegarei
a coñecer a Peña

(vou de negro)

Pero coñezo a Suso,
o excéntrico Suso

(pola escura soidade)

Somos
humildes pupilos,
privilexiadas testemuñas

(polos débiles)

Toquei, falei, rin, convivín, enfadei
a un artista
sen sentirme intimidado

( postos contra a parede)

porque non coñecín a un artista,
coñecín a Suso

(Vou de negro)

Coñecer a unha gran persoa
é coñecer ao artista
da sombría imaxe
da gris fatiga
da clara esperanza

(polos vencedores derrotados)

Malabarista de sentimentos
Funambulista de verbas.
Deidade do negro,
do cortante e do brando.
De firme trazo
e de mol sosego

(polos derrotados vencedores)

Sublime magister,
que desprende
prósperas ensinanzas

(Non hai nada imposible)

dende o máis inverosímil,
até o máis...
xenialmente...
sinxelo e complexo

(mira cara a dentro)

é posible?

(e carga coa túa eiva)

Só se ti queres

(Vou de negro)

Soterrou as ás
que o impulsaban
sobre o noso entendemento,
máis aló do noso alcance

(até que a luz brille)

Venceu a Tanatos
e a quimeras de terras outas,
pero nunca conquistou
os dominios da mediocridade

(Vou de negro)

Retou aos ineluctables designios
que aos máis afoutos
intimidan

(....................)

mofouse do ruín
e das tres tentacións

Como non ía retar tamén ao banal?

(para que me vexas)

In memoriam