Suso Peña
A semana pasada, un ano despois da súa morte, foi homenaxeado Suso Peña. Non sei se sabedes de quen falo; algún de vos o coñecerá por debuxante de comics, outros por fotógrafo, pintor, profesional do video, deseñador, amante da natureza… en definitiva unha persoa enamorada do seu entorno e capaz de plasmalo coma ninguén en calquera tipo de soporte.Sen embargo, cando eu tiña entre doce e catorce anos, non teño conciencia de ter estado diante dunha “celebridade”, senon diante dunha persoa que facía o imposible para que todos aqueles rapaces novos e trastes coma eles solos se interesaran por todo o que nos ensinaba; ¿eramos uns fenómenos?, non, era un fenómeno. Unha persoa que pasou de ser o centro das nosas risas debido ó seu falar ribadense, a conseguir que eses rapaces, por iniciativa propia, instalasen no cocello un laboratorio de fotografía, que un deles se empeñara en mercar unha camara de video, outro unha cámara de fotos e algún faga do debuxo técnico parte da súa profesión. E agora sinto pena, pena por darme conta de todo esto a tempo pasado, pena de non ter coñecido a Suso con dezaoito anos e así poder manter o contacto con máis facilidade, ou ¿ será pena de non ter aprendido máis cousas del?. Supoño que un pouco de todo, pero agora só me queda estar contento e agradecido; contento por ter coñecido a un xenio e agradecido por todo o que logrou ensinarme.
Guillermo.





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home