sábado, marzo 25, 2006

Descarga legal de videos... previo pago.

Parece que, en plena guerra de propiedades intelectuais, alguén se decidiu a dar un paso adiante.

Polo visto, Universal Pictures, en vista de que de momento resulta inevitable o uso dos servicios de descarga de arquivos, decidiu adoptar ese medio para beneficio propio ... e dos clientes, claro! ...

A iniciativa comezará en Reino Unido, froito dun acordo entre a división británica da productora e Lovefilm, portal de aluguer e venda de DVD's.

O título que estreará este servicio será King Kong de Peter Jackson e estará dispoñible a partir do día 10 de abril.
Este servicio porá a disposición do cliente a descarga de 2 arquivos de video, un para reproducir no pc [ou reproductores compatibles] e outro para dispositivos móbiles [¿lease iPod?¿PSP?¿?], ademáis do envio, polo mesmo prezo, dunha copia orixinal en DVD da película elexida.

Ata aqui todo pode parecer moi interesante e un "gran avance" da mentalidade dos que controlan o mercado audiovisual, e que ata agora se opoñían a ultranza a todo avance que atentase contra o seu obsoleto modelo de negocio.

Pero as cousas para esta xente non cambian tan rápido, custalles "cambia-lo chip".

Por un lado, os arquivos que se descargan veñen con DRM.
Por outro lado, o precio da broma case duplicaria o valor do DVD mercado directamente.

A decir verdade, prefiro seguir mercando as películas directamente en DVD e usa-lo meu dereito a copia privada para evita-lo deterioro da copia orixinal.

[Via: ]
ZonaDVD
DiarioIP