domingo, marzo 12, 2006

F1 2006

Debo recoñecer que son dos que se apuntou á moda da F1 dende que telecinco apostou por este deporte, asi que, lonxe de ser un experto na materia, si me podo considerar un seguidor incondicional [bueno case, que as carreiras de madrugada acaban comigo :D].

Hoxe, domingo 12 de marzo, comezou o Mundial 2006 de F1 no circuito de Bahrein [que curioso, un circuito que leva na F1 case tanto como eu seguindoa], igual que o mundial do 2005. E, do mesmo xeito que no mundial do 2005, Fernando Alonso rematou como gañador.

Ainda é cedo para empezar a facer cábalas, ainda que algún xa o considere favorito.
Hai que ter en conta que o "nano" non o tivo doado, pois o "kaiser" volveu con enerxías renovadas. Só habia que velo pelexar por rasparlle ó tempo de Alonso tódalas décimas que puido durante as últimas voltas, rodando prácticamente en tempos idénticos ó lider da carreira, e nunca dende máis atrais deste que un par de segundos.

Outro que tamén está aí é o vixente subcampion Kimi "Iceman" Raikkonen, que, despois dos problemas que tivo en entrenamentos, foi capáz de lograr unha das súas remontadas e acabar terceiro.

A tempada comezou con cambios: novas escuderias, cambios de pilotos, nova reglamentación [aínda non collín moi ben de como vai o das clasificación (cousas que pasan cando tes que currar en sábado)], pero sobre todo con rumores e medias-certezas [Alonso fichando por McLaren no 2007, Valentino Rossi probando un Ferrari...].

O que si teño claro é que esta primeira carreira non decepcionou en absolulto.

[2 esperanzas:]

- Que o Mundial 2006 sexa tan reñido [ou +] que o do 2005.
- Que non sufra Alonso o "efecto Cañadas" [que di o colega :) ], ahora que [parece ser] está [com]prometido.