miércoles, marzo 15, 2006

Foz... ON-LINE

El Progreso, ed. A Mariña [Martes, 14 de marzo de 2006][páxina 7]

El municipio focense será el primero de la comarca en contar con banda ancha, ya que ha sido incluido en un proyecto del Ministerio de Industria para la creación de este servicio, que permitirá a todos sus residentes en Foz poder contratar Internet de alta velocidad."


Quero ser optimista e alegrarme por esta noticia que, de cumprirse todo o que conta, significaria que por fin poderiamos sair de este "tecno-furado" no que nos atopamos moitos de nós.

Parece mentira que en pleno século XXI teña que usar un módem de 56Kbps e armarme de paciencia para poder consulta-lo correo, mirar a carteleira, publicar en FozLibre,...
Tamén parecen mentira algunha das cifras que dá un pouco máis abaixo a mesma noticia. Un exemplo: en Fazouro [lugar no que vivo], 566 habitantes de 596 non podemos dispoñer de banda ancha. [eu preguntome: ¿quen son os 30 afortunados?]

As cifras foron aportadas pola empresa que levará a cabo o proxecto, Distecable, que, polo visto, instalará novas liñas en Foz [villa] e nas parroquias [incluso en alguha das parroquias se instalarán varias] para garantir total cobertura.

Espero..., non, desexo que se cumpla e nun prazo o máis curto posible. Pero mentres non vexa ós obreiros cos meus propios ollos non acabarei de crelo.