"La Fortaleza Digital": Dan Brown

Amediados do mes pasado, Umbriel sacou á venda o primeiro libro de Dan Brown [si, o primeiro, a editorial optou por editalos en orde cronolóxicamente inversa]: "La Fortaleza Digital".
Así como en "El código Da Vinci" España xogaba un pequeno papel, como país de orixe da organización relixiosa principalmente implicada na trama, en este caso a notoriedade é maior dado que parte da trama transcorre en Sevilla.
Malia que o autor confese que lle encantou a cidade á que visitou en varias ocasións, na historia non deixa quedar moi ben parados ós sevillanos [e, por extensión, ó resto dos españois]. Pero como dicia alguén nalgún foro: "só se trata dunha obra de ficción". [ :/ ]
A lectura do libro resulta bastante lixeira en xeral, ainda que hai partes lentas e partes con algo de acción [vamos que non é constante].
O tema principal da historia é a criptografía, pero hai que ter en conta que a obra foi pensada para venderse e que non vos sorprenda cando, en plena tensión, o autor se vaia polos Cerros de Úbeda pasando a describi-la "voluptuosa silueta da protagonista". [ :P ]
Si, a protagonista tamén é unha muller [como en "La Conspiración", ainda que tamén se podería decir que non hai un protagonista marcado, e máis ben a historia é coral], e esta obra tampouco segue a liña de "Robert Langdon" [que comezou en "Ángeles y Demonios" e despois repetiría en "El código Da Vinci"].
No tocante á parte referia á criptografía, se sodes afeccionados ó tema poida que vos sintades algo decepcionados.
En xeral é unha obra comercial e bastante rápida de ler.
¿Recomendariaa? ... Bueno, o libro non resulta demasiado caro, e se non tedes nada para ler, pois non está mal.
¿Algún de vós leu este libro? ¿Que opinades?
Visita: "La Fortaleza Digital" en Tienda Cyberdark





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home