viernes, abril 21, 2006

SPEED NEEDS NO TRANLATION

Con esa frase "tan currada" os amigos de Universal Pictures presentan a última entrega da franquicia The Fast and The Furious [ou, como se chamou en España, "A Todo Gas"].

Vale que a noticia xa é un pouco rancia, e que o trailer xa fai semanas que se publicou. Pero como foi unha das últimas entradas do antigo FozLibre [cando aínda era un rumor], non queria deixar pasar a ocasión de comentala, ahora que xa se sabe que é un feito.

Esta parte titúlase The Fast and The Furious: Tokyo Drift e desta vez non vai contar nin con Vin Diesel nin con Paul Gasol.. Walker [:D, ok chiste malo!].


En esta ocasíon, como ben indica o título, a acción transcurre en Tokio. O prota, tamén un paisano que non se leva moi ben coas autoridades e que se acaba metendo na movida underground de Tokio, competindo en carreiras de drift.

Polo demais, o de sempre... coches rápidos, persecucións aínda máis rápidas, rapazas espectaculares e música techno e hip-hop.

Segundo a IMDB, a película chegará ás pantaias españolas o día 21 de xullo.

Sei de algún que vai sufrin durante a espera :) !

Trailer.


[Nota: só é unha película... non fagades o burro pola carretera! Conducide con precaución! ]