New Line fará un remake de ... Torrente!
Si, a mesma New Line da triloxía de "El Señor de los Anillos".A verdade é que non estou demasiado seguro de que non sexa unha broma do primeiro de abril, pero o certo é que a nova lina con data de hoxe e referenciaba a outra con data do 30 de marzo. Asi que, de ser certa,... bueno non teño palabras para describir a estupefacción que me causaría.
Xa en varias ocasións a industria cinematográfica americana botou man de obras europeas para refacelas "a la U.S.A." [lease: inflando presupostos].
E, ainda que non en tódolos casos resultou iso de: "se a película tivo exito en Europa con pouco presuposto, se a volvemos a facer e gastamos 10 veces máis será un bombazo" [como no recente caso de Taxi: Derrape Total, baseada na película francesa Taxi Express asinada por Luc Besson], si que deron froitos en outros casos [por seguir co mesmo protagonista... La asesina(1993, USA), remake de Nikita, dura de matar (1990, Francia)].
O certo é que non estou seguro de como van poder adaptar a "esencia torrentesca" para que sexa entendida polo público internacional. Seria case tan complicado como adapta-los diálogos do Currás de Mareas Vivas para ser dobrado ó castelán e que fixesen tanta gracia.
Unha cousa si que teño clara... se a nova é certa e a película se leva a cabo, vai conseguir algo impensable... poñer dacordo ós que non nos gusta demasiado o cine español e ós fans auténticos da personaxe de Torrente: a película será unha perda de tempo [evidentemente por motivos distinto :P].
Via: pjorge.com
Ver: CommingSoon.net





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home