XGN 2006 . Primeiras fotografías

Para os que non coñezades o evento e/ou o lugar, a fotografía anterior corresponde ó exterior do pazo de congresos de Santiago de Compostela, onde se celebra o XuventudeGalizaNet

Serva esta estampa como mostra da afluencia de persoal!!





4 Comentarios:
Inda que houbese un pouco de "desorganización" paseino de medo.
A ver si pra o ano vades un grupiño completo e se poden facer cousas interesantes coma nos vellos tempos (Linux,Unix,redes e probas diversas)
e non tanto descargar morralla e xogar coma posesos.
"Desorganización"???
Home ti non digas que houbo desorganización :P
E a verdade é esa, que a maior parte da xente vai ó que vai!!! Buscar material para as veladas ociosas do inverno :D
E outros imos probar a máquina [ainda que o experimento non saise demasiado ben].
Ainda que só puiden ir unhas horiñas para quita-lo mono, a verdade é que me pareceu a peor das últimas, pero ainda así mereceu a pena. E bueno, cada un fai o que cre convinte ou mais lle apetece. E eu como me paso diante do pc bastantes horas adicadas a programas non lúdicos, pois xoguei,descarguei, probei o cacharro, que de cando en vez non ven mal. E por certo, mira que colarselles xente á organización...:P
" "Desorganización"???"
Rapaz! Refírome a nosa, que non fixemos nada de "proveito" entre que eu non tiña tempo abondo e que éramos 2 só con entornos UNIX, non se fixo gran cousa. (o final non nos lembramos de darlle caña a wifi)
Inda me lembro de edicións pasadas como participante o ben que o pasamos revolvendo en sistemas.
Publicar un comentario
<< Home