Domingo "movido"...
Vaia, por unha vez nos últimos meses houbo unha noticia que lle arrebatou o protagonismo do domingo a Alonso [bueno, só pola costa norte e por pouco tempo].Xa pasaron varios anos dende aqueles tremores de Triacastela, e hoxe, unha sacudida fixo madrugar á costa galega [ás 7:31 e en domingo!!!].
O epicentro do tremor localizouse a 61 km da costa galega e, segundo o Instituto Xeográfico Nacional, foi de 5 grados de magnitude na Escala Richter [o maior rexistrado na zona ata o momento].
Dada a duración do tremor, localización do epicentro e a distancia con respecto a este, aqui só sentimos unha leve sacudida. Ainda que os que temos mascotas padecimos máis o efecto que causou en estas.
Resulta curioso a táboa comparativa que se pode atopar na wikipedia, que equipara as magnitudes dos sismos [en incrementos de medio grado] co equivalente á forza explosiva do TNT. Segundo esa táboa, a magnitudo do sismo de hoxe é equivalente á forza explosiva da bomba de Nagasaki: 32 kilotóns.
Via:
La Voz de Galicia
20 minutos
[por citar algunha fonte]





0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home