CERTAME FOTOGRAFÍA DIXITAL

Boas a todos, preséntase o Certame Fotográfico ENFOCANDO BARREIROS que o Colectivo Cultural Ollomao pretende realizar. O tema é o Patrimonio Cultural, nas súas múltiples variedades -isto é, material ou inmaterial-
O prazo para inscribirse remata o 6 de novembro e a cota é de 10 euros.
Quen é o artista que se anima?
Aí vos van as bases:1. Poderán participar todas/os as/os fotógrafas/os aficionadas/os e profesionais que o desexen. A cota de inscripción é de 10 euros que se aboará no número de conta 2091.0142.54.3040005269 de Caixa Galicia facendo figurar o nome co que se participa no certame e o número do carné de identidade. A organización comprobará os datos para proceder á remisión das fotografías ao xurado.
2. O tema do certame será o patrimonio do Concello de Barreiros.
3. As categorías para presentar as fotografías serán dúas:
a) SERIE FOTOGRÁFICA: poderán presentarse nesta categoría entre catro e oito fotos queformen unha serie e que serán valoradas conxuntamente.
b) TOMA ÚNICA: Presentarase unha única fotografía que será valorada individualmente.
4. Estableceranse os seguintes premios para a mellor obra presentada en cada categoría do certame:
PREMIO CATEGORÍA A: 200 euros + diploma acreditativo
PREMIO CATEGORÍA B: 200 euros + diploma acreditativo
Se o Xurado considera que as obras non cumpren as expectativas, os premios poderán declararse desertos.
5. As fotografías presentadas ao certame deben ser orixinais e inéditas, non tendo sido premiadas en ningún outro concurso.
6. As fotografías presentaranse en formato dixital JPEG, cunha resolución de 300 puntos por pulgada e un tamaño entre 2 e 5 MB, e serán enviadas ao seguinte enderezo de correo-e:
colectivo.cultural.ollomao@gmail.com, e xunto coa fotografía indicarase o título da mesma, o nome baixo o que se desxa participar no certame e un teléfono de contacto.
7. Aceptaranse fotografías intervidas dixitalmente, máis en ningún caso fotomontaxes. Cada participante poderá enviar un número ilimitado de obras.
8. O prazo para enviar as fotografías rematará o 6 de novembro

9. O Xurado estará composto por fotógrafos de recoñecido prestixio tanto a nivel nacional comaestatal. O seu fallo será inapelable, e farase público o sábado 15 de novembro ás 21horas, no Teleclube de San Cosme de Barreiros, onde terá lugar a entrega de galardóns e a proxeccióndas obras participantes.
10. A propiedade intelectual das obras conservarana os autores, permitindo gratuitamente ao Colectivo Cultural Ollomao a súa utilización en todas as publicacións promocionais ou en calquera outra labor que éste estime oportuno.
11. Os concursantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros nas obraspresentadas e renuncian a toda reclamación por dereitos de imaxe.
12. A organización resérvase o dereito de resolver calquera continxencia non prevista nas bases.
13. A participación no certame supón a total aceptación destas bases.

0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home